A nosa entrevista

Desta magnífica entrevista á nosa veciña Lela, residente da Lomba (A Pobra do Caramiñal), sacamos as seguintes conclusións:

- Os nosos maiores son moi sabios, e polo tanto témolos que deixar espresarse, xa que grazas a este traballo descubrimos moitas cousas acerca da forma de vida que se levaba antes na nosa rexión, e foinos moi útil para saber como foi a evolución da enerxía nos últimos 100 anos.

- Os productos que comían antes proviñan ó 100% da horta, e eran de produción propia, de tal xeito que non existía a posibilidade de comer productos que se dan no verán en inverno e viceversa. (ex: comer laxanxas no inverno).

- Non tiñan NINGÚN aparato eléctrico na casa, o que fomentaba a comunicación entre eles e axudaba á xente a levar unha vida mellor, xa que pasaban as horas na rúa, e para cociñar só dispoñían dun “cacho de pedra” como a propia Lela nos indica.

O pan, alimento básico daqueles días, era cociñado cada semana, e non existían manías como as de agora (“Mamá que este pan é o de onte e está reseso!”), senón que se conformaban co que tiñan e xa estaba.

^^Na casa de Lela^^

 

- Tamén descubrimos, que fai algúns anos, os vehículos familiares sequera existían, nin por asomo. e non pensedes que se querían ir a algún lugar lonxano ían no transporte público, nanai de la china, como di o refrán: no coche de San Fernando. A isto hai que engadirlle o concepto que eles tiñan de lonxe, porque como a nosa veciña aportou, ir a Santiago ou a Noia a andar dende aquí era unha cousa do máis cotiá.

- Non existían medios como os de hoxe en día para xogar. “Poñíamos un cacho de pau no medio do barro e eso xa era un xogho, era unha televisión ”, esta frase danos a entender que os seus recursos eran moi limitados e nós somos moi afortunados, xa que nos nosos días temos xoguetes para pasa-las horas. con isto non estamos a criticar os xogos de antes nin moito menos, todo o contrario, habería que recuperalos e seguir practicándoos, senón os xogos tradicionais poderianse chegar a perder e isto implicaría unha perda importante da riqueza tradicionalmente cultural galega.

- Como conclusión xeral, temos que dicir que a nosa sociedade evolucionou máis nos últimos 100 anos que en case toda a súa longa historia. Este cambio débese á chegada das máquinas, a Revolución Industrial, que como acentuaremos no traballo vainos a dar moito de qué falar.

MOITAS GRAZAS LELA, SEN TI NON SERÍA POSIBLE!!

No Responses Yet to “A nosa entrevista”

Leave a Reply